luns, 1 de abril de 2024

DÍA DE PLANTACIÓN! REPOBOANDO...

 Outro ano máis, nos sumamos á iniciativa de repoboar zonas verdes da nosa contorna.

Neste día, tivemos primeiramente unha charliña por parte dos axentes forestais que xa tanto cariño lles temos!




A continuación amosámosvos un video resumo da nosa xornada!


TRUCOS PARA A NOSA SAÚDE

A semana antes das vacacións tivemos unha visita moi agradable! Tres mamis vieron ao noso centro a darnos unha súper charla para a mellora da nosa saúde.

Nesta ocasión, faláronnos do que debíamos facer ante un caso de atragantamento, tanto en nos mesmos coma en algún que esté ao noso carón. 






MIL GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E POR APORTAR UN GRANCIÑO NA NOSA EDUCACIÓN!

mércores, 20 de marzo de 2024

8 M "CAMBIANDO O CONTO"

 Iste ano, quixemos conmemorar o 8 M cunha ximkana baseada no noso proxecto anual: "O universo".

Así que cada aula escolleu unha Muller astrónoma e propuso unha actividade sobre a mesma adecuada a cada nivel educativo.

O resultado foi marabilloso! O alumnado circulaba polas diferentes postas ubicadas en calquera lugar do cole (ao cal chegaban grazas a un mapa de orientación).

- Probas de robótica

- Preguntas de verdadeiro e falso

- Busca de pistas coa luz negra

- Pesca de datos

- Busca de letras con tinta invisible

- Lectura de información ao revés (usando espellos)

- Construcción de constelacións

- Lecturas con cascos de visión nocturna

Unha sesión moi divertida na que aprendemos monitas cousas!!


A continuación vos amosamos un pequeno vídeo resumo:


Ademais, levamos a cabo un obradoiro con Lorena, onde creamos una colgantes co símbolo do 8M emperrando fíos! o resultado quedo precioso!



Sigamos concienciando aos nosos pequenos e pequenas de vivir con respecto e igualdade!💜💟

domingo, 25 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA 23 DE FEBREIRO

 Para festejar o día de Rosalía De Castro, creamos entre todo o alumnado do centro unha cortina de imanes, poemas e palabras desta escritora e poetisa!






ENTROIDO RUMBO AO ESPAZO!

 Outro ano máis tivemos un entroido cargadiño de moitas propostas!

Con antelación, tivemos un obradoiro de cerámica para preparar as olas do noso oleiro.





OLEIRO

Unha das tardes desta marabillosa e eufórica semana saímos a festejar o Oleiro! Non hai máis que falar, unha imaxe vale máis que mil palabras!


FARELEIRO

Suma e sigue... rebozados en fariña outro ano máis! Aprendendo a través da nosa propia cultura.


Algo que estamos convertendo en tradición no noso centro é abrir a semana de entroido cunha PROVOCACIÓN XXL! 

Recaudamos zapatos estravagantes coa axuda das familias, un montón de abalorios e complementos, e moita música!!



Xa collemos ritmo! Así que non pare a festa! OBRADOIRO DE LUZ NEGRA nas aulas de infantil!






Construimos uns fantásticos Felos de Maceda! Grazas a Patri da tenda Malingo de Maceda, que voluntariamente nos falou das súas características!
 
        



Repasamos os diferentes mandados da MECA a través do seguinte video:


Diferentes alumnos/as do centro visitaron todas as aulas para falarlles do traxes tradicionais que tenentes: Felos, Pantallas...




Por último, temos que amosarvos a traca final do noso entroido, que a pesar da chuvia, desfrutamos ao máximo!
O noso desfile, nesta ocasión RUMBO AO ESPAZO, disfrazados de astronautas e coas carrozas que alumnado e estrés levaban días preparando!

Agradecer a todas as pessoas involucradas, ao noso equipo de inxeñeiros tan TOP que temos! e ás familias que viñeron coa batukada un ano máis!

VIVA O ENTROIDO