Nas aulas de educación infantil decidimos traballar sobre as familias das nosas pequenas e pequenos. Como ben indica o conto "Un puñado de botones":
Cada familia está unido por un fío invisible.
Un fío que está conectado ao corazón de cada persoa e o fai QUERER, COIDAR e AXUDAR á súa familia.
Así, comezamos a falar coas nenas e nenos sobre tema, pedímoslles fotos dos seus familiares de máis apego e realizamos diferentes tarefas co que cada un e una aportou.
Creamos as nosas árbores da familia, os cales nos encanta ver na entrada das nosas clases.
Lemos diferentes contos que nos fixeron pensar e reflexionar...
Elaboramos diferentes xogos e tarefas sobre a temática, sempre coa axuda das nosas familias, tan colaboradoras!
E creamos diferentes obras de arte onde reflectimos as nosas expectativas e visións sobre as nosas figuras de apego.
Familias de botón!
Un proxecto cheo de amor, ledicia, bicos, apertas, agarimos…. que enchen de alegría os días dos nosos pequerrechos e pequerrechas. Un traballo moi productivo e ata arriba de caricias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario