sábado, 30 de novembro de 2019

Mans á obra!



MANS Á OBRA!!

Así leva por título estas sesións de traballo que levan a cabo os nosos pequenos e pequenas de 3 anos.

Neste primeiro trimestre é fundamental fomentar neles a psicomotricidade fina, o manexo cada vez máis preciso das súas mans, dos seus dediños; e para iso, a súa mestra traballa diferentes actividades e xogos que axudan ao seu desenvolvemento.

A continuación, podedes ver una serie de imaxes que mostran diferentes actividades propostas.


1. Con estas pinzas especiais atrapamos osiños de diferentes tamaños e cores.

2. Xogamos a meter palliñas nos pauciños.

3. Atrapamos bolas de xel coas cuchariñas dos cereais e facemos transvases.

4. Metemos paus de cores no burato que corresponde

5. Formamos diferentes grafos con pedriñas de cores.

6. Construímos con elementos da natureza.

7. Fixamos a atención reproducindo patróns.

8. Colocamos botón de diferentes cores e tamaños no seu círculo correspondente, tendo en conta o patrón da cor.

9. Realizamos construcción con vasos.

10. Levamos a cabo series de cores manipulando pinzas cada vez máis pequenas.


Estas son algunas das actividades que levaron a cabo neste campo da aprendizaxe e que serviron moito para a evolución da súa aprendizaxe.


SEGUIDE ASÍ PEQUEN@S, SODES MOI GRANDES!

Ningún comentario:

Publicar un comentario