domingo, 24 de novembro de 2019

Saímos na busca de setas!

CHUVASQUEIRO E BOTAS E A POR SETAS!


Pese a adversa meteoroloxía, collemos botas e chuvasqueiro e saímos co experto Alejandro na busca de diferentes especies de setas.

É una experiencia moi motivante e divertida para os nosos nenos e nenas, ademáis de estar cargada de diversas aprendizaxes moi productivas para a nosa vida.

Pasamos unha xornada moi divertida percorrendo o noso monte, atopándonos con diferentes xoias da natureza.

A continuación amosamos un peque resumo neste vídeo:


Rematamos a xornada cunha recolecta de 26 especies diferentes de setas, que espuxemos na entrada do noso centro, catalogadas coa axuda do noso especialista Alejandro.













PASAMOS UNHA XORNADA DIFERENTE PERO XENIAL!


Ningún comentario:

Publicar un comentario