Amosando publicacións coa etiqueta diario de aulas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta diario de aulas. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de novembro de 2019

Mans á obra!



MANS Á OBRA!!

Así leva por título estas sesións de traballo que levan a cabo os nosos pequenos e pequenas de 3 anos.

Neste primeiro trimestre é fundamental fomentar neles a psicomotricidade fina, o manexo cada vez máis preciso das súas mans, dos seus dediños; e para iso, a súa mestra traballa diferentes actividades e xogos que axudan ao seu desenvolvemento.

A continuación, podedes ver una serie de imaxes que mostran diferentes actividades propostas.


1. Con estas pinzas especiais atrapamos osiños de diferentes tamaños e cores.

2. Xogamos a meter palliñas nos pauciños.

3. Atrapamos bolas de xel coas cuchariñas dos cereais e facemos transvases.

4. Metemos paus de cores no burato que corresponde

5. Formamos diferentes grafos con pedriñas de cores.

6. Construímos con elementos da natureza.

7. Fixamos a atención reproducindo patróns.

8. Colocamos botón de diferentes cores e tamaños no seu círculo correspondente, tendo en conta o patrón da cor.

9. Realizamos construcción con vasos.

10. Levamos a cabo series de cores manipulando pinzas cada vez máis pequenas.


Estas son algunas das actividades que levaron a cabo neste campo da aprendizaxe e que serviron moito para a evolución da súa aprendizaxe.


SEGUIDE ASÍ PEQUEN@S, SODES MOI GRANDES!

domingo, 10 de novembro de 2019

OUTONO CHEGOU...

Comezamos o novo curso neste blog amosando o que os nenos e nenas de PRIMEIRO de Primaria viven o Outono!!

Para iso, coa axuda das familias, crearon un recanto fermoso cheo de arrecendos e cores de outono.



Ademais, sementaron unas lentellas que medraron moi apresuradas!


VIVA O OUTONO E A ENERXÍA QUE NOS TRANSMITE!!


xoves, 16 de maio de 2019

Xenxo, o espantallo do Padre Crespo!

Os nosos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria realizaron este divertido espantallo para coidar da nosa horta.

Están feitos uns artistazos e artistazas!!




Método de investigación sobre as prantas

A principios deste trimestre levamos a cabo, nas aulas de Educación Infantil, un método de investigación sobre as prantas: qué sabemos sobre elas, tipos que temos na nosa contorna, como nacen e medran, que necesitan para vivir, como  as podemos coidar…

Comezamos investigando sobre diferentes tipos de prantas e realizamos algún traballos manuais sobre as mesmas:

CREAMOS PRANTAS COA PLASTI


E escribimos as súas partes:


CONSTRUÍMOS XIRASOIS E TRABALLAMOS O CADRO DE VAN GOGH "Os Xirasois".





XOGAMOS COS TULIPÁNS


PUXEMOS COR AS ÁRBORES



COÑECEMOS A KANDINSKY E CREAMOS "A ÁRBORE DE KANDINSKY"




COÑECEMOS AS PRANTAS MEDICIÑALES E CONVERTÉMONOS EN XARDIÑEIROS/AS












CONSTRUÍMOS UN XERMINADOR PARA FABAS E OBSERVAMOS TODO O PROCESO DO CRECEMENTO DUNHA PRANTA.




E LEVAMOS A CABO UN EXPERIMENTO DE FOTOTROPISMO CON LENTELLAS



 Con este experimento (metemos un botiño con lentellas dentro dunha Caixa totalmente negra, á cal lle formamos un labirinto dentro) pretendemos que os nenos e nenas observen como as prantas buscan a luz para nutrirse dela e así poder medrar.

En 4 e 5 anos aproveitamos para ir comprobando cada semana os centímetros que medran e así, practicar coa medida do metro.

luns, 13 de maio de 2019

Deporte escolar!!

Os nosos rapaces e rapazas dende 3º ata 6º de Primaria, desfrutaron dunha xornada de deporte escolar en moi boa compañía!

Pasándoo xenial ao mesmo tempo aprenden valores tan importantes como o xogo en equipo, a cooperación, o esforzo...



luns, 22 de abril de 2019

Peque-Científicos!

Neste 2º trimestre, en Infantil, levamos a cabo un Obradoiro semanal de Experimentos. Para iso, os nosos pequenos e pequenas convertíronse en científicos e aprenderon a: observar, analizar, pensar, facer hipótesis, intercambiar puntos de vista, complementarse e chegar a solución.


Os diferentes experimentos que puxemos en práctica son os seguintes:

 1. AROS VOADORES



2. AUGA ANDANTE



3. AUGA ASCENDENTE


4.COCHE A PROPULSIÓN



5. ESTADOS DA MAZÁ


6. QUE SENTEN OS ANIMAIS DO POLO?


7. LEITE MÁXICA



8. MANDARINAS QUE FLOTAN OU NON?


9. NEVE ARTIFICIAL



10. PRANTAS ABSORVENTES


11. POMPAS DE XABÓN HEXAGONAIS





CONTINUAREMOS...