Amosando publicacións coa etiqueta novas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novas. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de xaneiro de 2025

MES DE DECEMBRO... FUN FUN FUN!

 O mes de decembro veu cargadiño de actividades e propostas para o noso alumnado. Veremos dende saíndas a Ourense, visitas, actuacions, festexos das conmemoracións e exposicions de traballos.

SAÍDA A OURENSE 1º E 2º DE PRIMARIA

O alumnado de 1º e 2º de primaria visitaron a Ourense cunha das actividades propostas por Abanca, na que desfrutaron de boas explicacións e dinámicas nas que aprenderon moito.








MALABARISTA
Desfrutamos dun espectaculo de malabares, dende os máis pequenos/as aos máis grandes do centro.





3 DECEMBRO- DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Neste día desfrutamos dunha contada moi chula titulada "O lapis que non quería ir á escola".




OBRADOIRO DE LÁ
Nos últimos días deste trimestre, levamos a cabo un obradoiro de lá con Tamara, no que os máis maiores aprenderon a facer figuriñas de lá tinguida.





Os de 1º e 2º crearon unhas láminas de números coas cales a profe de mates quedou encantadísima! =)


ACTUACIÓN DO GRUPO PRISCILA

Na última semana do trimestre, desfrutamos e bailamos ao tolo co grupo de música Priscila, o cal nos deleitou con diferentes cancións de Nadal.


EXPOSICIÓN DE CONTEXTOS 3º CICLO

Para rematar ben o trimestre, visitamos o museo que crearon entre todo o alumnado do 3º ciclo, máis a axuda das súas mestras sobre as civilizacións!

Un traballazo impresionante que expuxeron diante de todos os seus compañeiros e compañeiras.



REPASAMOS O QUE FIXEMOS O MES DE NOVEMBRO...

 Neste mes imos a ensinarvos cousiñas como: a recollida dun premio por parte dos pequenos e pequenas de 5 anos, o festexo do magosto e o 25 N.

CERTAME DE CINE OUFF ESCOLA

No curso pasado, coa gran axuda de Ana, a profe de prácticas que nos acompañou durante un longo periodo do curso, levamos a cabo unha secuencia sobre os "Bichos pau"; a partir da cal elaboramos un Stop Motion sobre estes bichiños. Así como quen non quere a cousa mandámolo a iste concurso do cal saímos gañadores, quedando segundos do concurso! Foi unha gran noticia e experiencia para estes pequenos e pequenas.



MAGOSTO

O noso magosto sempre é moi especial, porque a parte da tradicional churrascada e pan con chourizo, levamos a cabo durante toda a mañá unha rotación por diferentes obradoiros: Obradoiro de lá, alfarería, cestería e prantación de castiñeiros.






Para rematar a festa, invitamos ás familias e desfrutamos todos e todas da actuación do Mago Teto!


25 N- DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Visitounos Hugo, o cociñeiro de historias!! Unha marabilla de contadas enlazadas unhas en outras cun fío conductor que é a Igualdade.


Nas aulas, tamén traballamos diferentes actividades sobre a temática, concienciando cada vez máis ao noso alumnado sobre a importancia do respeto, da igualdade, da empatía...


REPASAMOS O NOSO MES DE OUTUBRO...

 Despois de adaptarnos ao cole e coller impulso durante o mes de setembro... vimos a recoller nesta entrada todas e cada unha das actividades que levamos a cabo durante o mes de OUTUBRO!

Poderedes ver un Obradoiro de Escritura Antiga, a saída Micolóxica e a prantación de chícharos.

OBRADOIRO DE ESCRITURA ANTIGA

Tres alumnas da universidade visitaron o noso centro para poñer en práctica un proxecto sobre o antigo Exipto e a escritura antiga. En canto a isto, levaron a cabo unha serie de actividades nas aulas de infantil e primaria que vos amosamos a continuación:






SAÍDA MICOLÓXICA

Como xa é tradición na nosa escola neste mes saímos pola nosa contorna acompañados e acompañadas de Alejandro Minguez e o seu pai, dous especialistas nas setas, que nos acompañan no paseo expicando cada unha das especies que nos atopamos.






PRANTACIÓN DE CHÍCHAROS

Coa axuda de Tamara, os de infantil aprendemos moito sobre os chícharos, as vainas e aproveitamos para  prantar uns poucos e poder vivir o proceso do seu nacemento, como medran e a súa recollida.