venres, 4 de xullo de 2025

SAÍDA AO REXO!

 


CONTADAS EN FAMILIA NO MES DO LIBRO

 GRAZAS FAMILIAS, PROFES E PEQUES POLA VOSA COLABORACIÓN!!







COUSIÑAS DO 3º TRIMESTRE

 Comezamos polas LETRAS GALEGAS! Festa que desfrutamos ao máximo e na cal alardeamos de ter ás mellores cantareiras con nos! ERGUTÍO!




SEMANA DA CIENCIA

Coma todos os anos, seguimos coa tradición de festexar a semana da ciencia con diferentes experimentos que expoñemos diante de todo o cole!




EXPERTOS APICULTORES

Convertémonos en apicultores para investigar sobre as abellas, os seus hábitos de vida e traballo e todo o que producen, dándonos múltiples beneficios.



DÍA DA FAMILIA



VEXO VEXO XACOBEO

Neste curso desfrutamos duns xogos moi divertidos relacionados coa temática do Xacobeo.





ENTROIDO!

 Un ano máis vivimos a festa do entroido por todo o alto!!

Comezamos amosándovos cousiñas que elaboramos dentro das aulas:

- Mini proxecto sobre os Farrumecos: coñecemos quenes son, as súas costumes e tradicións, a súa vestimenta... elaboramos traballos manuais e realizamos diferentes xogos relacionados cos mesmos.





Tivemos a visita dun gran especialista no entroido de Laza!



Festexamos o OLEIRO!



E o FARELEIRO!



Para ter un bo remate de entroido, levamos a cabo o desfile tradicional polo pobo disfrazamos de SAPOCONCHOS!



COUSIÑAS DO 2º TRIMESTRE

 DÍA DA PAZ

Nesta ocasión, levamos a cabo diferentes actividades para festexar esta conmemoración.

Por unha banda, tivemos a sorte de disfrutar dunha contada de ROCÍO.



Por outra banda, expuxemos unha proposta de todo o centro no patio. Cada aula elaborou un paraugas relacionado co día da PAZ. Cada grupo, colgouno no corredor do noso patio, quedando así exposto durante todo o curso.





DÍA CONTRA O CANCRO

Mensaxe simbólica que queremos transmitir elaborando uns lazos amarelos e creando un lazo xigante entre todos e todas no patio.




DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro festexamos o día de Rosalía de Castro.
Para amenizar iste día desfrutamos dun contacontos de Sabela Gago.


Ademais, levamos a cabo un circuito de orientacion e probas sobre Rosalía, co que aprendemos moitas cousas sobre ela!


FESTEXAMOS O 8M

Neste día tan especial levamos a cabo diferentes propostas:
- Contada de Uxía Morán
- Elaboracíón dunha figura humana a partir de flores con mensaxes de empoderamento.




GALICIA SABE AMAR

Tivemos unha charliña sobre a importancia dos alimentos do mar epara o noso corpo. Tamén desfrutamos dunha degustación dos mesmos.