venres, 4 de xullo de 2025

COUSIÑAS DO 2º TRIMESTRE

 DÍA DA PAZ

Nesta ocasión, levamos a cabo diferentes actividades para festexar esta conmemoración.

Por unha banda, tivemos a sorte de disfrutar dunha contada de ROCÍO.



Por outra banda, expuxemos unha proposta de todo o centro no patio. Cada aula elaborou un paraugas relacionado co día da PAZ. Cada grupo, colgouno no corredor do noso patio, quedando así exposto durante todo o curso.





DÍA CONTRA O CANCRO

Mensaxe simbólica que queremos transmitir elaborando uns lazos amarelos e creando un lazo xigante entre todos e todas no patio.




DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro festexamos o día de Rosalía de Castro.
Para amenizar iste día desfrutamos dun contacontos de Sabela Gago.


Ademais, levamos a cabo un circuito de orientacion e probas sobre Rosalía, co que aprendemos moitas cousas sobre ela!


FESTEXAMOS O 8M

Neste día tan especial levamos a cabo diferentes propostas:
- Contada de Uxía Morán
- Elaboracíón dunha figura humana a partir de flores con mensaxes de empoderamento.




GALICIA SABE AMAR

Tivemos unha charliña sobre a importancia dos alimentos do mar epara o noso corpo. Tamén desfrutamos dunha degustación dos mesmos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario