venres, 9 de marzo de 2018

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Bo día.
Hoxe, 8 de marzo, conmemoramos no cole o día da muller traballadora coa realización de diversas actividades das que deixaremos constancia despois.



Pero fagamos un pouco de historia. O 8 de marzo de 1911 tivo lugar un terrible lume unha fábrica de NovaYork, que rematou coa vida de 140 traballadores, a maioría de elas mulleres que traballaban nunhas condicións lamentables.


Para conmemorar tal fecha e defender deste xeito a melloras das condicións laborais das mulleres así como promover a igualdade, a Organización das Nacións Unidas ONU oficializou en 1977 o 8 de marzo como día internacional polos dereitos da muller.


Queremos agradecer a colaboración de Andrea, que nos organizou diferentes dinámicas na Biblio cos rapaces do cole que gustaron moito. De todo elo, deixamos un video coas mellores imaxes do día.
Boa fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario