mércores, 14 de marzo de 2018

CHARLA DXT

Bo día

Hoxe tivemos unha actividade dirixida a todo o alumnado do centro. Comezamos cunha interesante charla da Dirección Xeral de Tráfico coas indicacións mais importantes que debemos levar a cabo tanto adultos como pequenos á hora de conducir, ir como acompañante no coche coa nosa familia ou no autobús así como a nosa actitude como peóns na rúa.


Despois desta charla acudimos ao pabellón a que nos ensinaran os vehículos dos  principiais recursos que temos a nosa disposición en caso de emerxencia, tanto na casa como no coche ou na rúa. Agradecemos a colaboración da DXT, da Garda Civil, de Protección Civil, da AXEGA  (Axencia de Emerxencias de Galicia) e Bombeiros.
Coma sempre, deixamos un video cun resumo de imaxes sobre o día que pasamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario