venres, 9 de marzo de 2018

CHARLA GARDA CIVIL

Boas de novo

Hoxe tivemos a visita da Garda Civil no cole pero non para levarnos detidos a ningún de nós, senón para darnos unha interesante charla sobre os riscos que corre o noso alumnado na sociedade actual.


Tanto a pequenos como a maiores interesa o asunto, sobre todo en canto ó uso de imaxes nas redes sociais, uso do teléfono mobil, dereito á honra e intimidade e aspectos semellantes. Esperamos que fora proveitosa para eles. 

Deixamos unha mostra de imaxes das charlas. Pásade boa fin de semana e non olvidedes o paraguas. Seica vai facer falla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario