mércores, 21 de marzo de 2018

DÍA DA ÁRBORE

Hoxe 21 de marzo, celebramos no cole o día da árbore.

Preparamos unha serie de actividades en tódalas clases que culminaron coa plantación dun muro de buxos na entrada ó patio do cole. Acompañounos durante toda a mañá Diana que nos axudou a plantar e nos explicou as características mais importantes dos buxos e da plantación que fixemos. Gracias polo teu traballo.


A última hora vistounos o escritor Xosé Antón Perozo acompañado das autoridades locais e o presidente da deputación José Manuel Baltar para presentarnos o libro "A invención do salgueiro en Ourensanía", entregarllo ó alumnado e finalizar a plantación de buxos. 

Deixamos como sempre un video cun resumo da xornada. Ata a próxima.

Ningún comentario:

Publicar un comentario