martes, 3 de abril de 2018

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2018

Bo día de novo

Onte , 2 de abril de 2018 tivo lugar o Día mundial de Autismo.
O Trastorno de Espectro Autista (TEA) son unha serie de trastornos que afectan ó desenvolvemento do sistema nervioso e o funcionamiento do cerebro, especialmente nos aspectos relacionados co procesamento da información que proven dos estímulos sociais. 

Nos derradeiros anos pódese comprobar un aumento considerable dos casos detectados e diagnosticados. Manexamos cifras de estudios a niveis europeos que sinalan que este tipo de trastornos afectan a 1 de cada 100 nenos/as o que implica que nun país como España pode haber mais de 450000 persoas que presentan este conxunto de síntomas. 

Para poder profundizar máis na información sobre esta alteración , deixovos dous enlaces, un do enlace á web que conmemora o día que hoxe presentamos 


e outro, cun video do programa de carácter divulgativo "La aventura del saber" de TVE que presenta nunha serie de 6 videos unha información moi interesante sobre o Trastorno de Espectro Autista. 
Espero que vos guste.

Ningún comentario:

Publicar un comentario