Na xornada de onte, coa inestimable axuda dalgunha das nais dos nenos de infantil do cole, fixemos un maio ben bonito entre todos.
A festa dos maios ten antecedes prehistóricos cando os primeiros homes e mulleres preguntabanse sobre a sorprendente forza renovadora que despois do duro inverno cubría os campos de sementes e variadas cores.
A finais do século XIX veremos nacer diferentes concursos que premian as creacións mais orixinais que son realizadas coas flores e froitos do campos así como coplas audaces e satíricas sobre a realidade social e política do entorno.
Actualmente, diversas asociación culturais en toda Galicia pero especialmente en Pontevedra e Ourense levan a cabo diferentes iniciativas para que esta singular celebración non quede no olvido.
Como sempre, deixamos un video cun resumo de imaxes da xornada. Esperamos que vos guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario