xoves, 24 de maio de 2018

VISITA A MANOLO O FERREIRO

Bo día,

No día de onte dimos un paseo os rapaces de 5º e 6º ata o taller de Manolo, o avó de Erea e que ten un taller de Ferreiro en Xunqueira.

Aprendimos un montón de cousas sobre o oficio e apreciamos as obras de arte que se poden facer a martillazos nun trozo de ferro.


Aproveitamos para  que os nosos alumnos practicaran baixo as instruccións de Manolo. Deixamos como sempre un video da xornada e agradecemos especialmente a colaboración de Manolo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario