Neste día, semana, mes, ano.... celebramos o día da MULLER. Tema que abordamos nas aulas moi a miúdo, pero que neste día, 8 DE MARZO, berramos con máis forza que nunca.
Realizáronse diferentes actividades nas aulas para dar a coñecer mulleres importantes na nosa historia:
Creamos muráis sobre o tema:
Buceamos en diferentes historias sobre mulleres pioneiras:
Agradecer ás familias polas tarefas aportadas e por cada gran de area que poñen na construcción das nosas aprendizaxes.
Recibimos a visita de Uxía, que nos sorprendeu cun contacontos fantástico e cheo de respecto e valores.
E os de infantil, tamén escoitaron un conto marabilloso titulado "A historia dos bonobos con lentes" e construíron as súas gafas da igualdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario