Partimos dende as aulas de infantil traballando a partir dos nosos contos favoritos.
E rematamos a semana realizando diferentes obradoiros que resultaron moi divertidos para todo o noso alumnado.
- Pintamos as fiestras da nosa biblioteca coa imaxe dun dragón, personaxe do proxecto que están comezando os pequenos e pequenas de infantil.
- Realizamos diferentes marionetas con temática dos contos.
- Creamos historias de cómics personalizados.
- Así como inventaron a súa personaxe propia para cada un dos seus cómics, convertíndoa logo nunha marioneta.
Foi todo un día repleto de historias, lendas, palabras máxicas que fan voar aos nosos nenos e nenas no mellor mundo das fantasías.
A continuación, expoñémosvos un pequeño vídeo resumo da actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario