martes, 21 de maio de 2019

Día Mundial da abella!

O día 20 de Maio festéxase o día Mundial da abella, e como non podía ser menos, celebrámolo indo aos Xardíns de Allariz; onde levamos a cabo diferentes obradoiros relacionados co tema das abellas.

Obradoiros que realizamos:

1. Observación dun panal e cata de mel.

2. Coñecemento en directo dunha colmea, coa identificación da súa raíña e a elaboración dunha abelliña con plastilina.

3. Identificación das Velutinas, e realización dun debuxo relacionado co tema.

4. Elaboración dunha casiña para bichos e insectos.

Despois de pasar por cada un deles, demos un paseo para desfrutar dos Xardíns. 
A continuación amosámosvos un video resumo da nosa escapada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario