Nesta xornada, o nutricionista Juanjo Vilachá levou a cabo un Obradoiro no noso centro sobre alimentación saudable.
Para iso comezou por infantil, 1º e 2º de Primaria, expoñendo unha pequena curtametraxe, así como unha dinámica moi divertida que consistía en que cada neno e nena debían colocar o alimentoque lle tocase na cor adecuada, relacionado coa roda alimenticia.
Na seguinte sesión, realizou un taller de etiquetado de alimentos e melloras na nosa alimentación con revisión dos menús elaborados no comedor escolar co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e tamén coas familias que quixeron asistir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario