Nesta semana tivemos a sorte de que Manuel Rivas visitara o noso centro.
Nun primeiro momento, os nosos nenos e nenas acudiron ao río para reproducir unha escena da película "La lengua de las mariposas" coa presenza do famoso escritor de dita obra.
Nela dividíronse os rapaces e rapazas en diferentes zoas: uns arredor da mesa bebendo, otros sentados á beira do río, gaiteiros,...
Á tarde, amosámoslle a Manuel Rivas como decoramos o noso patio coas súas obras e máis agasallámolo co seu retrato, o cal preparamos cun grafiteiro a primeira hora da mañá.
Foi unha mañá chea de culturas, letras, lecturas, imaxes, bailes,...
Grazas Manuel Rivas por visitar o noso centro, é todo un orgullo, e grazas a todos os colaboradores e colaboradoras que participaron nesta xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario