Escola galega de consumo
Neste día pequenos/as e maiores desfrutaron dunha xornada de aprendizaxe e xogo.
Os máis pequerrechos e pequerrechas aprenderos a distinguir entre as cousas que son xoguetes e o que parece que é para xogar e non o é. Observaron as etiquetas de seguridade CE, o sinal de prohibido de 0 a 3 anos...
A maiores elaboraron un traballo manual dunha marioneta dun poliño ao cal lle puxeron as pegatinas de seguridade.
Os maiores, por outra banda, falaron sobre o que non se pode subir ás redes sociais e os perigos que elo conleva. Logo, viron como a publicidade fai que merquemos a travésdas cores e a música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario