mércores, 4 de marzo de 2020

Obradoiro de convivencia- Aceptación

Continuamos recibindo as visitas de Rocío, neste caso cun estupendo Obradoiro de Convivencia onde traballou con nós a aceptación dos defectos dos demais.

Cada sesión que pasamos con ela, desfrutamos unha vez máis do traballo cooperativo e a convivencia, ao mesmo tempo que aprendemos a entendernos, escoitarnos, apoiarnos… e neste caso a aceptarnos a pesar das diferenzas.

Grazas unha vez máis polo teu traballo e facernos desfrutar da aprendizaxe.






Ningún comentario:

Publicar un comentario