mércores, 14 de abril de 2021

A importancia da natureza

 Tivemos a visita de Tamara, unha mamá do noso cole, que veu contarnos moitas cousiñas importantes da natureza e visibilizar a importancia do coidado da mesma.

Foi un momento moi agradable no que nos falou sobre as árbores, o seu coidado, os usos das mesmas (madeira, acubillo, casas para outros seres vivos...). Ademais, explicounos a relación entre as plantas e as persoas, a auga...

Os nenos e nenas desfrutaron moito da charla ao mesmo tempo que aprendemos cousas moi importantes do reino da plantas e a súa importancia na natureza.

Grazas Tamara pola túa colaboración e por transmitirnos tanto amor por algo tan delicado como é a natureza.

Deixámosvos un pequeno vídeo- resumo da experiencia:

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario