venres, 2 de abril de 2021

SAÍDA Á NATUREZA!

 O xoves antes das vacacións escapámonos do cole a desfrutar aínda máis da natureza!

Neste caso, comezamos cun paseíño ata o Pasal dos Pelamios, onde desfrutamos da contorna e dos camiños marabillosos que temos por Xunqueira. Unha vez alí aproveitamos a chapotear na auga, recolectar tesouros naturais, recrear os ollos coas vistas espectaculares, relaxarnos co son da auga e ver como os maiores recollían o lixo que contaminaba o noso río.


Logo seguimos camiñando ata chegar ao Toural e recargar pilas!! Que ben nos souperos os rollos recheos e as empanadiñas!!





Unha vez recuperadas as enerxías esgotadas, pola tarde dispuxémonos, coa axuda dos axentes de medioambiente da Xunta, a facer a plantación de especies autóctonas. Tamén fixemos unha gran limpeza da zona.

UN DÍA REPLETO DE AVENTURAS E APRENDIZAXES

Ningún comentario:

Publicar un comentario