Durante todo o ano, entre todos, SEMENTAMOS O GALEGO no noso centro. Con moito agarimo transmitivos unha das cousas máis valiosas que temos: un idioma propio!!!
Aínda así, festexamos a semana das Letras Galegas, lembrando a Xela Arias, escritora lucense que proclamaba a súa independencia e sinceridade artística por riba de perspectivas formais e morais e mencionaba a independecia dos corpos e das ideas.
En diferentes aulas, leváronse a cabo diversas actividades relacionadas co fomento do galego e máis a figura de Xela Arias.
Para rematar a semana realizamos, da man do profe Fran de EF e as alumnas de 6º, un circuíto de orientación con preguntas sobre a vida e obra de Xela Arias. Todo un reto de carreiras, pistas, coñecementos, postas en común, intercambios de opinións, etc. Neste caso, os nenos e nenas de primaria realizárono en parellas.
Deixámosvos un pequeno resumo neste vídeo que vos amosamos a continuación:
IMPRESIONANTE!! CADA DÍA SUPERÁDESVOS MAÍS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario