O venres da semana pasada, adicamos a nosa mañá ao mundo das setas. Convertémonos en micólogos a través das diferentes charlas que foron dando Ricardo e Alejandro Mínguez a cada unha das aulas. Mostráronnos aspectos moi importantes como o seu coidado, como recollelas, cales son os seus inimigos, que debemos facer coas setas "malas"...
🌳🍄🍁Unha mañá na cal non puido faltar a saída ao bosque.🍁🍄🌳
En todo momento a mesaxe para o noso alumnado foi moi clara: debemos ter precaución para coñecer e diferenciar as setas tóxicas e perigosas, debemos saber que as setas cumpren unha función biolóxica moi importante, ademais de ser un prato esquisito.
No seguinte vídeo amosámosvos como foi a nosa xornada:🍄🍂🍁
GRAZAS A TODOS/AS OS QUE COLABORARON E AXUDARON NESTE DÍA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario