domingo, 26 de decembro de 2021

OBRADOIRO DE LÁ!

Nesta última semana de cole tivemos a grata visita de FRAN e TAMARA!! que nos trouxeron unha actividade marabillosa sobre o tratamento da lá.
Comezaron explicándonos algunhas cousiñas relacionadas con iste material, así como puidemos manipulalo. Tamén observamos diferentes instrumentos que empregan para o seu tratamento, para preparala.

Un por un experimentamos como "peiteala", como limpala, como tratala para crear unha boliña que logo levaríamos para a nosa casa.

Toda unha experiencia na que o noso alumnado se involucrou dende o primeiro momento con moita ilusión.

GRAZAS TAMARA E FRAN POLO VOSO AMOR E PACIENCIA!!

3 comentarios:

  1. Da gusto ver ós peques atentos e interesados no que se lles amosa. Noraboa!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo teu comentario!

    Da gusto facer cousiñas con iles e elas e que estean tan motivados!!

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar