luns, 28 de febreiro de 2022

VISITAMOS A COLEXIATA DE XUNQUEIRA

 A aula de 5º de primaria realizou unha saída ata  a Colexiata do noso pobo, co fin de ver e coñecer o seu marabilloso órgano.

Realizaron a visita en conxunto co colexio Ben-Cho-Shey (Pereiro de Aguiar), xa que a actividade foi organizada por Salomé (profe de música do Ben-Cho-Shey) e David (profe de música substituto do Padre Crespo).

A organista, Marisol Mendive, da que puideron desfrutar nesta saída, participou na actividade de modo altruísta. Agradecemos moito a súa colaboración!

Algunhas das cousas que aprendemos: o órgano foi reconstruído por 3ª vez en 1759 a mans de Manuel Maldonado, organista de Compostela.

Está incrustado nun dos balcóns laterais da igrexa. é un órgano moi particular, xa que o feito de ter campás tubulares permite emular efectos de eco,reverb e chorus (coro de voces) a maiores de imitar instrumentos como a frauta, a corneta, a trompeta ou o oboe (entre outros).

Unha marabillosa clase de música vivenciada! 







Grazas a todos os que colaboraron para que fose posible!👏

Ningún comentario:

Publicar un comentario