domingo, 20 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER- 8M 2022

 Semana cargadiña de actividades para festexar un día tan importante!! Un día no que reivindicamos o valor de todas as persoas por igual!!

Comezarei por un traballiño proposto na aula de 5 anos: "Flipped classroom" sobre mulleres científicas importantes.

 Nesta ocasión, a mestra de infantil propuxo ás familias que prepararan unha exposición sobre unha destas mulleres importantes, para que logo, o expuxeran na aula para todos os compañeiros e compañeiras.

Ditas exposicións foron gravadas para amosarllas ao resto do cole a través dos códigos QR creados para cada unha delas.

Toda a semana desfrutamos destes traballiños nas portas do centro.






MIL GRAZAS FAMILIAS POR PARTICIPAR E FACER ISTE GRAN TRABALLO!!

A nivel de primaria, levaron a cabo un concurso de pulsadores por grupos, nos que levaban a cabo preguntas sobre mulleres relacionadas coa natureza.

Neste concurso, propoñíanlles 4 tipos de preguntas (nacemento ou morte, nacionalidade, traballo ou feito polo que destacou, animais aos que axudaba ou investigaba).
Toda a información (elaborada anteriormente polas diferentes clases) tíñana que atopar ao redor do pavillón, sempre á carreira para poder chegar ao pulsador e gañar o punto correspondente.




Brillante traballo elaorado tanto por mestres, mestras e os protragonistas dos nosos días, alumnado!!! Seguide así!!

Por último, gustaríanos ensinarvos unha actividade que realizaron os maiores do centro, e a cal levaban uns días preparando. 
Dúas obras de títeres (Barriga Verde), tematizadas en temas de actualidade, que levaban por título:
1. Gatolandia contra cadelolandia - cunha mensaxe moi clara: NON Á GUERRA!
2. Falando de estereotipos - sobre igualdade.





SEGUIMOS TRABALLANDO POLA IGUALDADE,SEGUIMOS XOGANDO PARA ENSINAR E APRENDER!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario