Un día moi productivo, no que rematamos coa barriga chea!!!😋
Comezamos cunha charla na que clasificamos alimentos saudables e non saudables, falamos de que peixes coñecemos, diferentes comidas que facemos onde se introduce o peixe, cantas veces o temos que comer á semana... e, expuxeron un pequeno video demostrativo do falado.
Logo, por grupos, realizamos diferentes actividades, adaptadas a infantil e primaria:
- Infantil- realizaron dúas actividades por grupos; nunha tiñan que pescar elementos de refugallo que estaban mesturados entre os peixes, para deixar o mar limpiño. Logo xa foron pescando segundo o tipo de peixe que eles mesmos lles indicaban. Na outra actividade consistiu en crear un almorzo saudable e falar do mesmo.
- Primaria- Tiñan que agrupar diferentes imaxes de peixes, mariscos segundo a súa clasificación.
Mentres realizábamos as actividades dous chicos estiveron facendo uns bocatas con alimentos do mar que desfrutamos na nosa hora do Aliménta-Te Ben!!
Que marabilla poder desfrutar de actividades coma esta!! Mil grazas pola implicación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario