martes, 3 de maio de 2022

DÍA DO LIBRO CON "ISEO A MOURA"

Como festexo do DÍA DO LIBRO, dende a Biblioteca do Concello nos trouxeron o marabilloso contacontos de Iseo.
Desfrutamos grandes e pequenos dunha viaxe á fantasía. Escoitala é pura maxia e consegue trasladarnos a onde se propoña.





MIL GRAZAS POR FACER MARABILLAS COS CONTOS!

Ademais, as aulas de infantil encheron as escaleiras de SORBIÑOS DE  LECTURA!!

Cada neno e nena creou un contiño nun folio e meteuno dentro dun vasiño, coa intención de que quen quixera podía abrilo e desfrutar dunha minilectura elaborada persoalmente por algún dos seus compañeiros/as.

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario