Comezamos un curso novo con moitas ganas!! Así que nesta entrada deixaremos un pequeno resumo do que foron as actividades máis chamativas deste mes!!
BICICLETADA:
Pasamos unha mañá onde o profe Fran nos preparo un gran circuito para desfrutar das rosas bicis, patíns, patinetes, etc.EXPOSICIÓN DE CAPOEIRA:
Tamén tivemos a sorte de ver unha exposición de capoeira, unha das actividades extraescolares das que dispoñemos no noso centro.
Grazas a un dos programas nos que participamos, podemos desfruta da saída á longa de Bueu desde 3º de primaria ata 6º.
Alí explicáronnos o proceso desde que o peixe chega á longa, como se clasifica e como se fan as puxas das caixas de peixe.
Logo tivemos unha pequena charla do patrón maior e rematamos a mañá coa visita á praza de abastos.
Pola tarde, visitamos o museo Massó, unha antiga fábrica de conservas reconvertida agora en museo. pudemos ver como se organizaba o traballo, como era a pesca de baleas e conocemos curiosidades sobre a navegación, dende os seus inicios ata o día de hoxe.
CIENCIA DIVERTIDA:
Para rematar o mes, tivemos a ocasión de divertirnos coa ciencia, desfrutando de diferentes experimentos como:
- O globo científico (reacción química)
- Moléculas de gominola
- Flubber
- Xerador Van de Graff: electricidade estática
A actividade forma parte da colaboración que levamos a cabo coa Biblioteca Municipal do Concello de Xunqueira de Ambía.
Adjunto un vídeo para que vexades o espectacular que foi o obradoiro!!
UN GRAN INICIO DE CURSO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario