Semana intensa e de moita troula a que vivimos no Padre Crespo!
Comezamos levando a cabo unha maxi provocación! Na que os pequenos e pequenas da escola fedellaron e transformáronse sen instrucciones. Simplemente ao seu libre albedrío!
Durante toda a semana escoltamos e levamos a cabo os mandados da Meca! que se pixama, roupa Vella e velliñ@s, do que nos de a gana...
O xoves, tivemos a visita de diferentes personaxes típicos grazas ao noso propio alumnado! Julia, Álvaro, Fernando e Tiago amosáronos con todo tipo de explicacións a orixe destes personaxes e o nome do que levan posto.
Ademais, tamén coñecemos ao FARRUMECO, personaxe típica dun dos polos de Xunqueira, Sobredo.
Xa como broche final, pechamos a nosa semana co desfile de entroido polo pobo! Nesta ocasión, e como nexo co noso proxecto do primeiro trimestre, vestímonos de Bufóns; e domos acompañados por un castelo, unha torre e unha catapulta.
MIL GRAZAS A TODOS E TODAS OS QUE APORTASTES O VOSO GRAN DE AREA! DENDE A COCIÑA... ATA A NOSA SÚPER BATUKADA DE FAMILIAS E NEN@S! ELENA QUE NOS ARRANXOU OS DISFRACES... OS SÚPER PROFES QUE ELABORARON AS CARROZAS! E TOD@S OS IMPLICAD@S DIRECTA OU INDIRECTAMENTE!
GRAZAS! E MIL GRAZAS POR FACER ISTO POSIBLE!
Gracias a vós!!!
ResponderEliminarMoitas grazas a vos!! Sodes fantásticos
ResponderEliminar