Dende biblio comezamos a semana con diferentes propostas non recuncho destinado ao Día da Muller:
- Selección de contos sobre igualdade, investigación, curiosidades,...
- Xogo de cartas memorie de Mulleres.
- Genialy na tablet con cancións e contos.
A nivel de aula leváronse a cabo diferentes propostas como marcapáxinas, modelado dos símbolos, pintadas nas Fiestras, creación de plásticos caseira morada....
Na quenda de Infantil tivemos que percorrer diferentes zonas do pobo e ir superando probas relacionadas coas mulleres investigadas, como:
- Realizar unha escultura con forma de araña.
- Compoñer un cómic e inventar unha historia.
- Levar a cabo unha performance.
- Crear unha pintura.
- Calcetar unha cadeneta de lá.
- Realizar unha fotografía da nosa Colexiata.
Na quenda de primaria completáronse as probas complicándolas un pouco máis e engadindo máis paradas polo medio, como por exemplo facendo un grafitti entre todos!
Unha xornada moi dinámica e divertida!!! Grazas a todos e todas que o fixeron posible!
Ningún comentario:
Publicar un comentario