mércores, 31 de maio de 2023

FESTEXAMOS AS LETRAS GALEGAS!

Na semana das Letras Galegas, levamos a cabo un circuito de orientación polo centro e polos arredores do mesmo (só Primaria).

Contábamos con diferentes postas nas que realizábamos unha actividade en concreto. Ata que a superábamos non podíamos pasar á seguinte.




Algunas das probas eran:

  • Pescar o nome e os apelidos do homenageado (Francisco Fernández del Riego).
  • Descifrar unha mensaje secreta a través de diferentes imaxes.
  • Explotar globos ata topar a imaxe De Francisco.
  • Buscar diferencias en dúas imaxes sobre o autor.
  • Escavar no areeiro para atopar dous objetos relacionados coas suas historias.
A continuación deixámosvos un vídeo resumo do noso día:

Ningún comentario:

Publicar un comentario