venres, 10 de novembro de 2023

SAMAÍN 2023

Comezamos a semana coa visita de Iseo a Moura e unha contada espectacular adicada aos nosos mortiños!

 



Outro ano máis festexamos o Samaín por todo o alto!! Cada recuncho do centro se converteu nunha aventura que pasar durante iste día!

Comezamos coa exposición de cabazas elaboradas por cada neno e nena coas familias:


Logo, algún alumnos e alumnas de 6º de Primaria visitaron todas as aulas do centro para contar e adiantar cousiñas que han a pasar durante o día.

Foi un día cargado de enerxía e emoción! A continuación amosámosvos un vídeo resumo de todas as actividades e xogos que fixemos (contadas, tumbas musicais, busca de obxectos en maletas, traballos manuais, xogos tradicionais, visitamos a catedral Renacentista...).


Desfrutamos dun almorzó moi terrorífico, no que alumnado de 6º de primaria participou elaborando unhas galletas moi especiais para a ocasión. 
Ambiente tenebroso e música para o momento, amenizada cunha canción tocada coa frauta polo alumnado de 4º de Primaria.




CADA ANO MÁIS E MELLOR! PERSO SEMPRE DESFRUTANDO E APRENDENDO XUNTOS A TRAVÉS DE NOVAS VIVENCIAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario