Outro ano máis tivemos un entroido cargadiño de moitas propostas!
Con antelación, tivemos un obradoiro de cerámica para preparar as olas do noso oleiro.
Unha das tardes desta marabillosa e eufórica semana saímos a festejar o Oleiro! Non hai máis que falar, unha imaxe vale máis que mil palabras!
FARELEIRO
Suma e sigue... rebozados en fariña outro ano máis! Aprendendo a través da nosa propia cultura.
Algo que estamos convertendo en tradición no noso centro é abrir a semana de entroido cunha PROVOCACIÓN XXL!
Recaudamos zapatos estravagantes coa axuda das familias, un montón de abalorios e complementos, e moita música!!
Construimos uns fantásticos Felos de Maceda! Grazas a Patri da tenda Malingo de Maceda, que voluntariamente nos falou das súas características!
Repasamos os diferentes mandados da MECA a través do seguinte video:
Diferentes alumnos/as do centro visitaron todas as aulas para falarlles do traxes tradicionais que tenentes: Felos, Pantallas...
Por último, temos que amosarvos a traca final do noso entroido, que a pesar da chuvia, desfrutamos ao máximo!
O noso desfile, nesta ocasión RUMBO AO ESPAZO, disfrazados de astronautas e coas carrozas que alumnado e estrés levaban días preparando!
Agradecer a todas as pessoas involucradas, ao noso equipo de inxeñeiros tan TOP que temos! e ás familias que viñeron coa batukada un ano máis!
VIVA O ENTROIDO
Ningún comentario:
Publicar un comentario