Iste ano, quixemos conmemorar o 8 M cunha ximkana baseada no noso proxecto anual: "O universo".
Así que cada aula escolleu unha Muller astrónoma e propuso unha actividade sobre a mesma adecuada a cada nivel educativo.
O resultado foi marabilloso! O alumnado circulaba polas diferentes postas ubicadas en calquera lugar do cole (ao cal chegaban grazas a un mapa de orientación).
- Probas de robótica
- Preguntas de verdadeiro e falso
- Busca de pistas coa luz negra
- Pesca de datos
- Busca de letras con tinta invisible
- Lectura de información ao revés (usando espellos)
- Construcción de constelacións
- Lecturas con cascos de visión nocturna
Unha sesión moi divertida na que aprendemos monitas cousas!!
A continuación vos amosamos un pequeno vídeo resumo:
Ademais, levamos a cabo un obradoiro con Lorena, onde creamos una colgantes co símbolo do 8M emperrando fíos! o resultado quedo precioso!
Sigamos concienciando aos nosos pequenos e pequenas de vivir con respecto e igualdade!💜💟
Ningún comentario:
Publicar un comentario