Despois de adaptarnos ao cole e coller impulso durante o mes de setembro... vimos a recoller nesta entrada todas e cada unha das actividades que levamos a cabo durante o mes de OUTUBRO!
Poderedes ver un Obradoiro de Escritura Antiga, a saída Micolóxica e a prantación de chícharos.
OBRADOIRO DE ESCRITURA ANTIGA
Tres alumnas da universidade visitaron o noso centro para poñer en práctica un proxecto sobre o antigo Exipto e a escritura antiga. En canto a isto, levaron a cabo unha serie de actividades nas aulas de infantil e primaria que vos amosamos a continuación:
SAÍDA MICOLÓXICA
Como xa é tradición na nosa escola neste mes saímos pola nosa contorna acompañados e acompañadas de Alejandro Minguez e o seu pai, dous especialistas nas setas, que nos acompañan no paseo expicando cada unha das especies que nos atopamos.
PRANTACIÓN DE CHÍCHAROS
Coa axuda de Tamara, os de infantil aprendemos moito sobre os chícharos, as vainas e aproveitamos para prantar uns poucos e poder vivir o proceso do seu nacemento, como medran e a súa recollida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario