venres, 4 de xullo de 2025
COUSIÑAS DO 3º TRIMESTRE
Comezamos polas LETRAS GALEGAS! Festa que desfrutamos ao máximo e na cal alardeamos de ter ás mellores cantareiras con nos! ERGUTÍO!
Coma todos os anos, seguimos coa tradición de festexar a semana da ciencia con diferentes experimentos que expoñemos diante de todo o cole!
EXPERTOS APICULTORES
Convertémonos en apicultores para investigar sobre as abellas, os seus hábitos de vida e traballo e todo o que producen, dándonos múltiples beneficios.
VEXO VEXO XACOBEO
Neste curso desfrutamos duns xogos moi divertidos relacionados coa temática do Xacobeo.
ENTROIDO!
Un ano máis vivimos a festa do entroido por todo o alto!!
Comezamos amosándovos cousiñas que elaboramos dentro das aulas:
- Mini proxecto sobre os Farrumecos: coñecemos quenes son, as súas costumes e tradicións, a súa vestimenta... elaboramos traballos manuais e realizamos diferentes xogos relacionados cos mesmos.
COUSIÑAS DO 2º TRIMESTRE
DÍA DA PAZ
Nesta ocasión, levamos a cabo diferentes actividades para festexar esta conmemoración.
Por unha banda, tivemos a sorte de disfrutar dunha contada de ROCÍO.
Por outra banda, expuxemos unha proposta de todo o centro no patio. Cada aula elaborou un paraugas relacionado co día da PAZ. Cada grupo, colgouno no corredor do noso patio, quedando así exposto durante todo o curso.
O 23 de febreiro festexamos o día de Rosalía de Castro.
Ademais, levamos a cabo un circuito de orientacion e probas sobre Rosalía, co que aprendemos moitas cousas sobre ela!
Tivemos unha charliña sobre a importancia dos alimentos do mar epara o noso corpo. Tamén desfrutamos dunha degustación dos mesmos.
venres, 3 de xaneiro de 2025
MES DE DECEMBRO... FUN FUN FUN!
O mes de decembro veu cargadiño de actividades e propostas para o noso alumnado. Veremos dende saíndas a Ourense, visitas, actuacions, festexos das conmemoracións e exposicions de traballos.
SAÍDA A OURENSE 1º E 2º DE PRIMARIA
O alumnado de 1º e 2º de primaria visitaron a Ourense cunha das actividades propostas por Abanca, na que desfrutaron de boas explicacións e dinámicas nas que aprenderon moito.
MALABARISTA
Neste día desfrutamos dunha contada moi chula titulada "O lapis que non quería ir á escola".
Os de 1º e 2º crearon unhas láminas de números coas cales a profe de mates quedou encantadísima! =)















