O pasado venres 25 de maio tivemos en Xunqueira de Ambía unha xornada de convivencia organizada polo noso centro e coa participación de outros centros da provincia (Allariz, Xinzo, Castrelo de Miño, Ourense....).
Nesta xornada pola mañá comezamos recibindo ós alumnos de 6º do cole de Allariz para ver entre todos o corto dirixido por Rubén Riós "Adeus Edrada". A continuación estes mesmos alumnos representaron a obra de teatro "Os Carballo"
Antes de comer, e baixo unha molesta choiva que comezaba a facer acto de presencia, en grupos visitamos diversos lugares de especial interese da Vila de Xunqueira, como son a Casa Miraval, A casa dos ferredores, a casa Colemán, a curtiduría e molinera do Salomón e a Forxa de Manolo.
Na xornada de tarde trasladamos a nosa actividade á colexiata de Xunqueira, onde situamos unha exposición de material etnográfico con obradoiros de diferentes oficios artesás así como exposición fotográfica do patrimonio etnográfico do noso concello.
Por último, tivemos a entrega de premios do certame "Falando de solidariedade", finalizado cun espectáculo de maxia e concerto no local das escolas vellas ao mesmo tempo que disfrutamos dunha gran merenda popular.
Deixamos como sempre un video cunha selección das mellores imaxes do día e agradecemos especialmente a axuda de toda a xente que participou no desenvolvemento da xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario