martes, 29 de maio de 2018

TAPÓNS SOLIDARIOS

Bo día.

Dende o noso centro queremos unirnos á campaña levada a cabo pola Fundación Amigos de Galicia que ten como título "TAPÓNS SOLIDARIOS PARA EDGAR"




Edgar é un bebé de seis meses de Ourense que padece hipoacusia conxénita bilateral, alteración que lle impide oir ben. Para mellorar a súa capacidade cognitiva precisa duns audífonos que a familia non pode costear. Por este motivo, dende a asociación citada anteriormente inician unha recollida de tapóns á que nos unimos como centro colaborador.


                            https://www.fundacionamigosdegalicia.org/


Dende o centro aportaremos os tapóns que recollemos dende o comedor regularmente e durante esta semana  recolleremos tódolos tapóns que dende as familias traiades ó centro.


Gracias de antemán pola vosa colaboración. Deixamos un par de imaxes e videos co resumo da nova así como a páxina web da asociación que promove a iniciativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario