Tal día como o venres 12 de Abril, levamos a cabo no noso centro outro festexo especial.
O DÍA DO AUTISMO
A isto engadímoslle outras actividades relacionadas co coidado da nosa contorna e do noso horto, que vos explicaremos un pouquiño máis adiante.
En primeiro lugar pasámosvos a falar das actividades relacionadas co día do Autismo.
1. Recibimos a visita de dúas especialistas e psicólogas do mundo do Autismo, as cales nos realizaron diferentes xogos e actividades para facernos conscientes de dito transtorno e as súas necesidades.
- Unha búsqueda de tesouro mediante pictogramas.
- Xogo de preguntas mediante a aplicación Kahoot.
- Experimentar as sensacións que nos producen diferentes materiais.
- Un contacontos moi especial do libro "Por cuatro esquinitas de nada".
2. Tivemos a oportunidade de ver un pequeño vídeo sobre un neno (Antón Romero) que ten TEA, así como a exposición de diferentes debuxos elaborados por il mesmo.
3. Fomos espectadores dunha obra de teatro nas Escolas Vellas, onde una das protagonistas foi a nosa compañeira Maruxa.
A continuación déixovos un pequeño vídeo desta parque da nosa xornada.
Por outra banda complementamos estes obradoiros con otros coma:
1. Prantación de prantas aromáticas.
2. Traballamos e preparamos a nosa terra do horto.
3. Construímos casiñas para que os bichiños veñan a coidar da nosa horta.
4. Pintamos pedriñas de distintas cores e formas, que axudarán a decorar o noso xardín.
No vídeo que poñemos a continuación podedes ver os diferentes talleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario