Neste día recibimos a visita dos nosos compañeiros e compañeiras de PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!
Esta actividade resulta moi atractiva para os nosos nenos e nenas, ao mesmo tempo que os concienciamos da importancia dunha alimentación saudable.
Nun primeiro momento, faláronnos da importancia do consumo de alimentos do mar, coma o mexilón, a sardiña e o atún. Realizamos actividades moi divertidas coma xogar coa realidade aumentada, realizar puzles, visionado de gafas 3D... o cal fixeron que o noso alumnado se meterá de cheo no mundo mariño.
Logo, acudimos ao comedor (ansiosos polo que nos esperaba), para escoller que ingredientes queríamos para o noso bocata. E desfrutamos de cada un deles en compañía de todo o colexio.
Foi un día repleto de experiencias marabillosas para o noso crecemento persoal. No vídeo que amosamos a continuación podedes velas con máis detalle.
Ningún comentario:
Publicar un comentario