O pasado martes tivemos a oportunidade de levar a cabo unha saída a Ourense, con todo o que elo conleva: autobús, cantigas animadas, enerxía moi positiva e moitas ganas de pásalo ben.
A esta saída fomos todo o colexio, desfrutando nun primeiro momento da exposición e Obradoiros de pintura sobre "Antonio Quesada. Dende o sentimento" na Fundación de Abanca.
Coas súas obras, Antonio Quesada fai viaxar ao espectador a mundos estraños e misteriosos, dando lugar a unha pintura emotiva, sensible e intimista.
Logo, os nenos e nenas de Infantil así como 1º e 2º de Primaria tivemos a sorte de ir ao auditorio para ver a obra titulada: " Guyi, Guyi", da compañía: periferia teatro.
Guyi, Guyi é a historia dun crocodilo que, por azar da natureza, nace nunha familia de patos. Vive feliz coa súa familia ata que un día atópase con outro crocodilo. Entón, Guyi, Guyi, dáse conta que non é fero nin voraz, polo que terá que seguir o seu instinto e aprender como debe actuar para chegar a ser un bo crocodilo. Ao final, comprende que é medio crocodilo e medio pato, é un cocopato.
Pasámonolo moi ben no teatro e rímonos moito coas aventuras de Guyi, Guyi.

En canto, os máis maiores realizaron una visita á Catedral de Ourense onde a percorreron acompañados das mestras e mestres con audioguía incluída e finalizando cunha búsqueda do tesouro moi divertida pola mesma.
A continuación, amosamos un vídeo resumo de toda a nosa experiencia.
Foi todo un pracer facer a miña última visita conto a estes nenos tan ÚNICOS e especiais 💜
ResponderEliminarMoitas grazas! Un pracer pola nosa parte desfrutar do momento!
ResponderEliminar