Hoxe, tivemos a sorte de transladarnos tempo atrás, visitando os Megalitos do Val do Salas que se atopan no Concello de Muíños.
Se partimos desde a aldea de Maus de Salas, viramos á dereita e observamos o primeiro megalito situado á beira da comporta do encoro atoparemos o Anta Casiña da Moura. Un completo exemplar de dolmen coa cámara poligonal conformada por sete lajas que sosteñen outra gran laja. Este megalito foi desmontado e trasladado desde a súa localización orixinal á actual por causa da construción do encoro.
Sitúase alén da comporta do encoro nun pequeno outeiro desde onde se divisa unha excelente panorámica dos arredores. A estrutura da cámara é poligonal e está conformada por sete lajas cubertas por unha gran peza monolítica. Non presenta restos visibles de corredor. En canto aos restos atopados durante a escavación, trátase fundamentalmente de fragmentos de cerámica campaniforme coa típica decoración de liñas e puntos.
No vídeo que vos amosamos, podedes observar a gran experiencia que vivimos así como o ben que o pasamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario