mércores, 15 de abril de 2020

BOLOS


Para os máis maiores propoñemos unha partida (ou máis😜) de BOLOS caseiros. Neste caso, etiquetamos cada botella (bolos) cun valor numérico. Explicarvos que aquí empregamos o 10 e o 5 para traballar o conteo de 10 en 10 e de 5 en 5, xa que é o que lle levará á suma dos mesmos. Podedes empregar os valores que vos queirades adaptándoos á idade das pequenas e pequenos que teñades na casa. Se xa calculan mentalmente será xenial, xa que é unha das cousas fundamentais e que queremos traballar con este método, senón tamén podedes empregar un folio para ir anotando os puntos e sumando, ou ir marcando na táboa do 100 segundo os bolos que tiremos. Poñédevos unha meta e...
A XOGAR!!
💪👏

Ningún comentario:

Publicar un comentario