mércores, 15 de abril de 2020

UNILLO



Algo ao que nos gusta xogar moito é ás cartas! Vale calquera tipo de cartas, con tal de que vexamos claramente os números do 1 ao 10 acompañados das figuras, formas... No caso de non dispoñer das mesmas podemos favelas con cartolinas, pegando pegatinas ou debuxando, sempre do 1 ao 10. No noso caso empregamos as do póker.
O xogo principalmente consiste en facer os 4 paus, cores, formas... dende o cero 1 ao 10. Neste caso fomentamos nas nenas e nenos o conteo, a discriminación dos números, a orde da recta numérica, a subitización...
Para facelo máis complexo podemos xogar ao CINQUILLO, comezando neste caso no múmero 5 e facendo a maiores a escaleira ascendente ata o 1 e logo a descendente ata o 10. Logrando un dominio da recta numérica nun abrir e pechar de ollos e sempre...
XOGANDO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario