Na proposta de hoxe so temos que recopilar calcetíns e ciscalos polo chan.
Nós comezamos o xogo contando cantos calcetíns temos, falamos se é máis dunha decena ou non, cantas decenas temos...
Logo buscamos as parellas e xuntámolas. Aproveitamos para contar cantas parellas temos e decatámonos de que é a metade dos calcetíns que contamos anteriormente. (Ocasión moi boa para falarlles da metade e do doble, que podemos practicar tamén cos calcetíns).
Despois, perdemos un calcetín😝, polo que 1 quedou sen parella, co que introducimos os termos par e impar, que practicamos logo con diferentes cantidades de calcetíns.
Como vedes, algo tan usual pódenos dar mil posibilidades de xogo e aprendizaxe.
Xa para rematar dobrámolos todos, fomentando así a nosa psicomotricidade fina, a orde e o traballo en equipo.

Animádevos a poñelo en práctica e compartide con nós as vosas experiencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario