Nova proposta de conteo, asociación e orde da recta numérica. Para iso bástanos con pauciños de cores aos que lle engadimos un número do 1 ao 10 e gomiñas do pelo.
Con este xogo temos moitas variables:
Primeiro comezamos poñéndolles os números aos pauciños e ordeándoos do 1 ao 10.
Logo, metemos en cada pau tantas gomiñas como indica o número. No caso de que os pequenos e pequenas non recoñezan o número, pódense cambiar os números por puntiños.
Unha vez realicemos isto, podemos facelo máis complexo. Quitamos algúns paus e teñen que colocalos no sitio correcto. Descolocámolos todos e teñen que ordealos.
Pedímoslles que realicen a cadea descendente dende o 10 cara atrás.
No caso de querer traballar números máis grandes podemos cambiar os paus por fío groso e boliñas de facer pulseiras ou algo do estilo como contas, botóns, etc. Así podemos facelo con decenas máis grandes, ou mesmo con decenas completas, ordeando o 10, 20, 30, 40, 50, 60, 70, 80, 90.
Un mesmo material pode ter mil actividades e variables.

Desfrutade moito!💪
Ningún comentario:
Publicar un comentario